Thursday 02 de May de 2024

V Concentración Moteira


O concelleiro de Turismo, Festexos, Relacións Institucionais e Novas Tecnoloxías, Franciso Suárez-Puerta Colomer, presentou hoxe a V Concentración Moteira Os ReventaPistóns, que se desenvolverá os días 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro.

Segundo explicou Ivan Olveira, presidente da Asociación Os ReventaPistóns, o evento dará comezo o venres á noite con barbacoa e sesión DJ. O sábado e o domingo realizaranse saídas Moto-Turisticas e desenvolveranse exhibicións de saltos de coches e espectáculos freestyle, acompañados de concertos musicais e sesións DJ.

As inscripcións poderanse realizar ate o 26 de setembro.